Varias casas de turismo rural da Ribeira Sacra súmanse ao programa "Abertas de Par en Par", posta en marcha por Fegatur. Unha iniciativa que repasamos conversanco co presidente desta entidade Francisco Almuiña co que repasamos outros proxectos que teñen en marcha e facemos balance do verán. Un 7% do orzamento do concello de Monforte está adicado a financiar o SAF que se presta a uns 300 usuarios con preto de 9.000 horas de prestacións. Un servizo do que falamos coa tenente alcalde Gloria Prada. E últimos días para matricularse na Escola de Música Moderna que inicia curso con preto de 130 alumn@s. Falamos co director da mesma, con Gonzalo Herrero. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade más próxima.