O valor económico da produción de viño da D.O Ribeira Sacra ascende a 25 millóns de euros. Aporta o 1,3% do PIB deste territorio e dá emprego directo a 626 persoas. Son datos dun informe elaborado pola Fundación Juana de Vega e que repasamos co seu director, José Manuel Andrade. Conversamos tamén coa historiadora monfortina Manuela Sáez que vén de presentar no Palacio de Liria a biografía do VII Conde de Lemos. Trátase do traballo máis extenso feito nunca sobre este nobre galego. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, repasamos como foi a visita que fixo a esta zona o presidente da Comisión de Política Rexional do Parlamento Europeo convidado por representantes do BNG. E no gabinete xurídico de cada xoves, Héctor Silva repasa hoxe normativa para disolver unha Sociedade ou pechar unha empresa.