Alta ocupación nos establecementos turísticos da Ribeira Sacra nesta ponte que temos por diante. Datos que repasamos con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico. Falamos tamén de actividades programadas para o que resta de ano no Centro do Viño con Mabel Álvarez. Hoxe neste Centro será presentado un libro que recolle investigacións feitas por Doutor Casares sobre o sector vitícola en 1843. Da importancia que ten aínda este traballo falamos co profesor Xesús Verao, encargado da tradución ao galego desta publicación. E tamén o Ateneo Casino acolle hoxe a presentación dun libro, do que coñecemos máis conversando coa autora, Mayela Paramio Vidal. Entre outros asuntos recollemos tamén valoración da visita que están realizando por esta zona, tour operadores e axencias de viaxes de diversos puntos do país convidados por Fegatur.