Seguen os problemas para cubrir as baixas dos médicos do Centro de Saúde de Monforte. O xerente da EOXI pide disculpas pola situación e agarda que se vaia normalizando a partir da próxima semana. Conversamos co xerente Ramón Ares. Fai balance do ano que vai rematando e repasa asuntos do último pleno o voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez. A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, confirma que no primeiro semestre farán obras na planta de transferencia que Sogama ten no Polígono do Reboredo para poder depositar nela a materia orgánica evitando o traslado destes residuos a Ourense. Con Ángeles Vázquez falamos tamén de rehabilitación e fermosismo. Entre outros asuntos falamos tamén de peregrinos que percorren o Camiño de Inverno. Recollemos balance dos que fan parada no Albergue Lemavos conversando con José Carlos Costoya, un dos seus responsables. Pernoctaron neste establecemento peregrinos de preto dunha trintena de nacionalidades e este ano un 24% máis que no pasado.