Abrimos resumindo novas que forman parte da actualidade máis próxima e conversando co presidente da Asociación Montañas do Courel, Roberto Castro, que fai balance da presenza do Xeoparque en Fitur. Unhas 2 mil toneladas de madeira procesa a Asociación Prodeme que estuda abandonar a actividade gandeira e plantar oliveiras. Falamos con Julio Cortiñas, xerente da citada Asociación. Entre outros asuntos, recollemos a denuncia dun monfortino invidente, Alejandro Losada, afincado en Ourense que foi convocado para formar parte dunha mesa electoral o día 18 e non atopa máis que trabas para poder quedar libre dese compromiso. Él mesmo danos conta da súa situación.