Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 29/03/2022

Programa completo do 29/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 29.03.2022 14:23

A adegueira Esther Teijeiro foi pioneira na elaboración de viño ecolóxico na Ribeira Sacra e no resto de Galicia. Pola aposta feita por un modelo de viticultura máis sostible vén de recibir o premio Excelencia Medioambiental 2022 que concede, entre outros, Ecovino e a Universidade de La Rioja. Acompañados do técnico Alfonso Losada, falamos con ela, e tamén con Íñigo Crespo, secretario xeral da entidade promotora dos premios. Máis de 3,2M€ de presuposto terá para o presente exercicio o concello de O Saviñao. Contas que repasamos conversando co rexedor local, Carlos Armesto. Repasamos tamén pleno celebrado no concello de Monforte conversando co voceiro do BNG Emilio Sánchez.