Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 29/06/2023

Programa completo do 29/06/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 29.06.2023 14:21

Monforte recupera hoxe a celebración da Gala do Deporte con 32 candidatos a ser premiados en dez categorías. Repasamos datos deste evento conversando co técnico de deportes Óscar Rodríguez. En dous meses estará rematada a restauración da Capela das Reliquias na Igrexa da Nosa Señora da Antiga. Falamos do traballo que se leva feito na mesma coa restauradora responsable da intervención, María Dolores Lago. CCOO reclama máis persoal sanitrio e melloras laborais para os traballadores da Residencia Domus VI de Monforte situación que repasa o secretario de acción sindical do citado sindicato nesta zona, Mario Docasar. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tempo tamén como cada xoves para o gabinete xurídico e con Javier Leiro repasamos hoxe dereitos dos pasaxeiros que sofren cancelacións ou atrasos de voos ou estravío de equipaxe.