Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 29/09/2022

Programa completo do 29/09/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 29.09.2022 14:17

O día 10 de outubro presentarán os proxectos nos que traballan os participantes no Coworking que se está celebrando en Monforte dende o pasado mes de marzo. Abrimos programa falando co director do mesmo, Alfonso Martínez. O concello de Pantón acollerá unha xornada de promoción do Camiño de Inverno e prepara o Ceip Monte Baliño a celebración dos 50 anos, son algunhas das actividades que repasamos con Javier González, técnico de cultura do citado concello. Conversamos tamén co ilustrador Miguel Anxo Prado que percorreu o Camiño de Inverno para facer ilustracións que se poderán ver a partir de novembro no Museo das Peregrinacións. Entre outros asuntos, temos gabinete xurídico con Abogados Vigo 10, Javier Leiro fálanos hoxe das herdanzas negativas.