Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos programa conversando co profesor e xeólogo Míguel Gómez sobre o traballo feito en relación ás pegadas que o incendio do pasado ano no Courel deixou nas rochas. Toca pleno no concello de O Saviñao e repasamos propostas que leva ao mesmo o equipo de goberno conversando co alcalde, Carlos Armesto. Co rexedor de Quiroga, José Luis Rivera falamos da Ruta Literaria que van facer este domingo. Entre outros asuntos, tempo tamén para coñecer algo máis dos campionatos de footgolf que acolle esta fin de semana o campo de Augas Santas.