Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos coa enóloga Isabel Mijares da cata de viños da D.O Ribeira Sacra que onte dirixiu no Salón de Viños de España. Conversamos con Luis Blanco, director do MUFERGA que ven de recibir medalla de ouro e diploma da Asociación "The Royal Green Jackert", polo traballo de conservación, restauración e difusión do Patrimonio Ferroviario. Conversamos tamén no programa de hoxe co voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez, que aínda que tiña anunciado voto en contra dos orzamentos, queda na acta do pleno rexistrada unha abstención técnica por ausentarse antes da votación. Os orzamentos foron aprobados coa maioría que representa o equipo de goberno.