Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Abrentis, un novo establecemento adicado ás antigüidades que vén de abrir en Monforte Gerardo Pochintesta. Presentados os datos das listas de espera nos hospitais galegos, dos relacionados co Hospital Comarcal de Monforte falamos coa directora do citado centro, Inmaculada Ramos. Entre outros asuntos, atendemos tamén a Xornada que ten preparada para este sábado no concello de Pobra do Brollón, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. Actividade na que afondamos con Eloy Pastoriza, vogal da Sociedade organizadora.