Remata o ano anunciando o alcalde de Monforte, José Tomé, obras para o 2024 como unha nova comisaría ou melloras na Praza da Estación e no propio edificio da estación. Escoitamos ao rexidor local e tamén facemos balance do ano e repasamos asuntos do último pleno co voceiro do BNG, Emilio Sánchez. Máis de 2.700 € recadaron os promotores do Mercado Solidario que o Colectivo Vermut organizou no Club Fluvial. Unha iniciativa que repasamos con Candela López, voceira do colectivo organizador. E o Museo de Arte Sacro das Clarisas remata o ano sumando máis de 1500 visitantes, o mellor ano desde o 2011. Entre as pezas que podemos ver está un Belén Napolitano do que falamos con José Antonio Vázquez, guía deste Museo. Conversamos tamén co piloto Eduardo Iglesias preparado para o quinto Dakar que empeza o día 5.