Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 30/05/2024

Programa completo do 30/05/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 30.05.2024 14:24

Abrimos co repaso á información máis próxima e conversando con Estefanía Fernández que nos conta a súa experiencia en La voz kids, acompañada do seu pai Vicente. Como cada xoves toca gabinete xurídico con AV10 e Javier Leiro fálanos de vicios ocultos e como reclamalos. Co director xerente do grupo adegueiro Méndez Rojo, Juan Luis Méndez, repasamos novas propostas que poñen en marcha na adega Vía Romana con viño, música e gastronomía. A ANPA do Ceip A Gándara esixe mellor atención para o alumnado con necesidades específicas. Conversamos con Marta Rodríguez, unha das nais que denuncia a situación. Entre outros asuntos, falamos tamén do uso seguro e saudable da tecnoloxía na infancia co profesor Antonio Rial, todo un experto na materia que imparte hoxe sobre este tema unha charla en Monforte.