Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 30/08/2024

Programa completo do 30/08/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 30.08.2024 14:11

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co investigador local Felipe Aira que será o encargado das visitas guiadas coas que o domingo o concello de Monforte se suma a celebración da Xornada Europea da Cultura Xudea. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, repasamos obras que hai en execución ou a piques de iniciarse e as ordenanzas que vén de aprobar o pleno. E a etapa de hoxe de La Vuelta a España ten saída hoxe en Lugo, provincia que ten o seu propio stand promocional en cada unha das saídas, no mesmo está Beatriz Vila que nos fai hoxe balance de como vai a actividade promocional e antes da saía desta etapa a Garda Civil rendeu homenaxe ao Cabo 1º Germán Macía finado en 2017. Do acto participou a familia e amigos e compañeiros como José Luis Rodríguez, con quen conectamos para lembrar a Germán e que nos conte como foi o acto.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora