Abrimos co resumo informativo de novas que forman parte da actualidade máis próxima e entrevistamos a Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG que prepara para esta tarde ás 19h reunión en Monforte con viticultores da Ribeira Sacra. Máis de 900 alegación presentadas contra o parque eólico Neboreiro e a Plataforma creada contra o mesmo denuncia irregularidades no trazado da liña de evacuación, danos conta da última hora Raquel Fernández, unha das voceiras da Plataforma. O voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez, repasa iniciativas que levan ao pleno que hoxe vai celebrar a corporación de Monforte. Entre outros asuntos falamos tamén coa presidenta do Club Natación Monforte, que a partir de maña rotará os adestramentos entre as piscinas de Sarria e Chantada, mentres duren as obras na piscina de Monforte que se pecha xa este luns.