Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 31/01/2022

Programa completo do 31/01/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 31.01.2022 14:18

Modificado o marco normativo da Discapacidade, Albores organiza en Monforte un xornada informativa da que falamos con Elisa Sapia, directora da citada Asociación e coa avogada e asesora xurídica da citada entidade, María José González. Aínda que foi onte o Día Mundial da Paz, nos centros educativos deixaron a celebración para hoxe. É o caso do Ceip Plurilingüe de Monforte. Falamos con María Núñez, directora do citado Colexio. E por terceiro ano consecutivo o San Brais será celebrado en Monforte na Igrexa da Régoa porque segue pechada ao culto a Igrexa de San Vicente. Unha cita con moita tradición que repasamos hoxe co párroco Rafael Mella. Entre outros asuntos, falamos tamén de taekwondo monfortino que conseguiu clasificar para o Campionato Mundial a celebrar en abril en Korea a 8 deportistas despois dos bos resultados acadados esta fin de semana no Campionato de España. Cóntanos como foi o adestrador do Neka, José María Vega.