Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 31/03/2023

Programa completo do 31/03/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 31.03.2023 14:18

Nula actividade na estación de autobuses de Monforte polo folga. Renfe estrea en Monforte o Centro de Competencias Dixitais. A conselleira de Infraestructuras e Mobilidade presenta en Toiriz a senda peoníl que van habilitar na citada localidade pantonesa. Son algúns dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima. Entrevistamos ao alcalde do concello monfortino, José Tomé á quen preguntamos polo CCD, pola instalación de Kern Pharma no polígono, sobre a Feira Medieval, a Carreira Popular e sobre a sentenza do TSXG que lle da a razón ao concello, decretando que as entidades locais non teñen competencia para multar aos denunciados por non levar máscara na pandemia. Conversamos tamén coa presidenta do CF Monforte, Mariluz Parada, club que lidera un acto solidario ao que se suman varias entidades deportivas de Monforte e comarca, para recadar cartos para unha familia en situación compricada.