Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Co técnico Alfonso Losada repasamos tratamentos que se deben aplicar nas viñas dañadas pola tormenta do domingo, entre as adegas afectadas está a de Don Bernardino, falamos co seu responsable Emilio Rodríguez. Repasamos tamén premios da Cata de Viños da D.O Ribeira Sacra. A adega máis premiada, con tres galardóns, foi a Adega Petrón. Falamos co enólogo da mesma, Pablo Estévez. A UAD súmase á celebración do Día Mundial sen Tabaco, instalando unha mesa informativa no Centro de Saúde. Falamos da iniciativa coa educadora Luisa Astray. As traballadoras do SAF de Monforte acudiron con pancartas ao pleno para amosar a súa disconformidade coas bases coas que o concello sacou a contración o citado servizo. Repasamos situación co delegado da CIG, Xosé Manuel Silva. E todo preparado no Club Fluvial para abrir maña temporada de piscinas e con novas propostas que repasamos co novo presidente da entidade, Jaime Vázquez. Entre outros asuntos vamos de tapas. Seguimos coñecendo as que participan no concurso que hai en marcha ata o día 5. Esther Hernández de Jardín 34 preséntanos a súa.