Presentado o Festival do Viño da Ribeira Sacra que se vai celebrar en Monforte o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo coa participación de 33 adegas. Repasamos a rolda de prensa na que se deu conta do programa actividades do mesmo. O concello de Sober é o que máis alta porcetaxe de voto popular ten de toda a zona sur de Lugo, datos que repasamos conversando co alcalde Luis Fernández Guitián que convocará pleno de constitución da nova corporación ás 00 horas do día 17. Balance de resultados fai tamén a responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto, que repasa tamén resultados do concello de Pantón onde ela encabezaba a candidatura nacionalista. Conversamos coa atleta Nuria López, que suma medallas de ouro en tres campionatos nacionais nos que vén de participar, e falamos tamén coa alumna do IES Daviña Rey, Nerea Quiroga, que nos presenta o proxecto de investigación que defendeu diante do tribunal universitario que lle deu un sobresaliente, e co profesor Pablo Blanco.