O concello de Monforte modificará a ordenanza de tráfico para flexibilizar o paso de vehículos polas zonas peonís e tamén prepara regulamento relacionado coa instalación de placas solares cando se realicen obras. Repasamos estas propostas que o equipo de goberno deu a coñecer no pleno que se vén de celebrar neste concello e outros asuntos da actualidade máis próxima. Conversamos co secretario da Fundación Luis Tilve, Rogelio Pérez, que celebran esta tarde en Monforte varios actos que con él repasamos e no espazo adicado ao sector vitícola, falamos de internacionalización cunha experta na materia, Mariola Varona.