Nun 83% fixa a previsión de ocupación na Ribeira Sacra o Consorcio Turístico sendo as casas de turismo rural as máis demandadas. Repasa datos a xerente, Alexandra Seara. Esta mesma tarde comeza dispositivo especial de tráfico na contorna do cemiterio municipal de Monforte e que explica o alcalde, Jose Tomé. A ONG Provivienda atende en Monforte a 25 subsaharianos que procedentes dos centros de acollida de Canarias, chegaron a Monforte en Agosto. De como é a súa vida nesta cidade falamos con Iago Prado, responsable territorial de protección internacional da citada Organización. O catedrático da USC Manuel Marey, coordinou a elaboración do Plan Integral que para a recuperación do regadío Val de Lemos, encargou a CHMS, e hoxe conversamos con él deste documento. Falamos coa alcaldesa do Caurel, Dolores Castro, da Festa da Castaña que van celebrar en Folgoso este sábado e doutros asuntos da actualidade do citado concello. Con Sara Taboada repasamos actividades do Festival Castañazo Rock que se vai celebrar este venres e sábado en Chantada e como cada xoves temos gabinete xurídico con Héctor Silva, temos como referencia os danos ocasionados pola DANA.