Abrimos programa conversando coa actriz Sabela Arán e co actor Chechu Salgado, membros do xurado do Fancine de Lemos, Festival no que hoxe se presenta unha curta feita por alumnos do Colexio dos Escolapios e dirixida polo profesor Javier Saco, co que tamén falamos hoxe. Co avogado Héctor Silva, repasamos normativa vixente en relación á compravenda de vehículos. Repasamos premios da Cata de Viños de Galicia na que por terceiro ano consecutivo recibe medalla de ouro Prómine Singular. Conversamos con Antonio Núñez, responsable da adega elaborador. Escoitamos a César Núñez, autor do cartel das Festas Patronais de Monforte e ao alcalde José Tomé, que se encargou de presentalo. Entre outros asuntos, pechamos programa conversando con Jesús Pereiro, da empresa que se vai encargar da xestión do Club Náutico Ponte do Sil que abre o próximo martes despois de varios anos pechado.