Abrimos programa lembrando a Saleta Goy, a viuva do poeta Manuel María, finada esta pasada fin de semana e que será soterrada esta tarde. Recuperamos declaracións dela e achegámonos a súa pegada conversando con Manuel Rajo. Coa voceira do grupo municipal do PP, Kati Varela, repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno. Entre outros asuntos, falamos tamén de Kern Farma, a multinacional farmacéutica que fabricará en Monforte inxectables. Hoxe mesmo foi presentado o proxecto en Santiago, recuperamos desa presentación declaracións do fundador e do presidente da citada empresa así como do alcalde de Monforte, presente na presentación xunto co presidente da Xunta.