O adegueiro Antonio Lombardía será o novo presidente da D.O Ribeira Sacra. O pleno quedará constituido a próxima semana. É unha das novas que repasamos da actualidade máis próxima nun programa no que conversamos coa atleta Nuria López que suma un novo triunfo o seu palmarés. Un triunfo que enche de orgullo aos veciños de O Saviñao, como nos conta o alcalde Carlos Armesto, co que repasamos as actividades que preparan para celebrar o Día Internacional da Muller. Este domingo cúmprense 500 anos do nacemento do Cardeal Rodrigo de Castro que será lembrado maña no Colexio dos Escolapios cunha conferencia do investigador Felipe Aira co que hoxe repasamos algo da historia deste benefactor monfortino. E como cada xoves toca gabinete xurídico con Abogados Vigo 10, con Héctor Silva repasamos responsabilidades de adminsitradores coas débedas de empresas das que teñan formado parte.