Abrimos con repaso á información máis próxima e a nosa primeira conversa será co actor Xosé Antonio Touriñán que pregoará este domingo a Feira do Viño de Amandi. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, repasamos previsión de ocupación para Semana Santa neste territorio. Con Teresa Grau da Asociación Vivir para Bien Morir, falamos do acto que prepara para este venres no Ateneo Casino de Monforte. E de visita na zona está unha delegación de representantes de grupos de desenvolvemento local de Málaga, conversamos co presidente dun destes grupos, José Antonio Gómez e co xerente do grupo anfitrión, Martin Alemparte, do GDR Ribeira Sacra - Courel. E como cada xoves toca gabinete xurídico e co avogado Javier Leiro repasamos novidades da nova Lei de Familias aprobada esta semana.