Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 18.04.2023 14:14

Abrimos repasando a actualidade máis próxima e conversando, no espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada e coa adegueira Puri Díaz de presentará na Feira do Viño de Vilachá nova imaxe do seu viño, Val do Frade. Falamos da ampliación da Residencia DomusVi de Bóveda e doutras actividades que teñen en marcha no citado centro, co director Fernando Prada. De como está afectando no Hospital Comarcal a folga de médicos, falamos co doutor López Otero, representante do sindicato convocante. Entre outros asuntos, facémonos eco tamén do Encontro de Autos Clásicos que se prepara en Monforte para este domingo. Danos máis datos Miguel Ángel Matínez, tesoureiro do club organizador.