Está xa funcionando o Centro de Competencias Dixitais aberto en Monforte por LogiRAIL. Falamos co director da citada empresa con Óscar Gómez. Maio de portas abertas nas Rutas do Viño de Galicia entre elas na da Ribeira Sacra. Repasamos propostas coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Siguen os traballos de restauración da Capela das Reliquias na Igrexa da Nosa Señora da Antiga e falamos deles coa restauradora Dolores Lago. E cumpre 50 anos o CEIP Monte Baliño de Pantón e preparan unha festa de celebración da que falamos co director do centro con José González e no Ceip Uxio Novoneyra do Courel, recollen toponimia de lugares queimados polo gran incendio do pasado verán. Unha iniciativa que nos conta a directora Lourdes González e tres dos alumnos participantes, Alex, Tegra e Mateo.