Xornada de memoria histórica este sábado en Cereixa e na casa da cultura do Concello de A Pobra do Brollón que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán. De acoso falamos hoxe co avogado Javier Leiro no espazo de Abogados Vigo10. María Jesús González, da Cofradía da Nosa Señora de Monserrat repasa actos organizados ata o día 27. Conversamos tamén co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, onde teñen en marcha obras de restauración na Igrexa de Seteventos, dan por rematada a campaña de recollida de plásticos agrícolas e coa Confederación Hidrográfica preparan a reconstrución da ponte de Ourigo. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.