Foro de Museoloxía Social no Pazo de Tor con representantes de Museos de diversos puntos de España. Unha iniciativa que repasamos con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial. Traballar no Hospital Comarcal puntuará máis nos concursos de traslados tras ser modificadas as bases correspondentes. Modificación da que falamos co xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares. Entre outras novas que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con dous candidatos. Celestino Rodríguez, que encabeza por terceira vez a candidatura do PSOE no Saviñao, e con Luis Fernández Gutián que aspira a seguir gobernando o concello de Sober e encabeza a lista do PP por cuarta vez. Atendemos tamén aos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona.