Hoxe empeza o Festival de Cine de Monforte que se vai prolongar ata o domingo. Repasamos actividade co subdirector Reinaldo Pereira e falamos tamén con Marc Pujol, resposable da exposición "Obxectos Malditos do cine de Terror" que se pode ver desde hoxe na Casa da Cultura. Conversamons con Daniel Castro, candidato do BNG ao Congreso pola provincia de Lugo que ten acto programado hoxe en Monforte. Falamos co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, do programa de actividades da Feira Outrora, e do acto que organizan para o día 12 sobre o Polígono Agroforestal que van a poñer en marcha no citado concello. O secretario de acción sindical de CCOO para esta zona sur de Lugo, Mario Docasar, analiza datos do paro de xuño e contido do convenio asinado para o traballadores do siderometal e comercio metal. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.