Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando coa voceira do PP de Monforte, Katy Varela, que presenta iniciativas que prepara para o próximo pleno, como enmendas que presentan o regulamento da Escola Infantil Municipal. O Xeoparque Montañas do Courel prepárase para acoller un Simposio Nacional de Xeoloxía que ten xa 119 persoas inscritas e segue o prazo aberto. Un reto a nivel organizativo nunha zona con escasos aloxamentos, como nos contra o coordinador Martin Alemparte, que repasa outras actividades que teñen en marcha. Conversamos tamén coa educadora social, Selene Arias, que colabora coas traballadoras sociais do concello de Sober no proxecto Redes Lilas co que montaron un cemiterio de mulleres no xardín da praza do concello para homenaxear ás mulleres asasinadas no último ano. Entre outros asuntos, toca hoxe gabinete xurídico e con Javier Leiro falamos de dereitos e deberes de inquilinos e propietarios de pisos alugados.