Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 03/12/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos co resumo á actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitívinícola no que hoxe presentamos "Capona", un novo viño da adega Dn Bernardino do que nos fala o autor do mesmo, o adegueiro Diego Rodríguez que nos preparou na radio unha cata para dar a coñecer esta nova elaboración que valora tamén o técnico Alfonso Losada. Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade Física e repasamos reivindicación que aproveitan para plantexar dende COGAMI, Confederación á que pertencen colectivos como Auxilia e Agora que levan moitos anos traballando neste ámbito na zona. Falamos co presidente de Agora, Isac Rodríguez. Entrevistamos á responsable comarcal do BNG Rosana Prieto Florines, celebrada a Asemblea Nacional do BNG abren proceso congresual en comarca e concellos. Ela é voceira nacionalista en Pantón, e repasa tamén reclamacions que plantexan relacionadas coas contas no citado concello. Entre outros asuntos conversamos tamén co escritor Francisco Narla que hoxe presenta ás 20h en Agrasar, a nova novela "El buen vasallo".