CIG Saúde pide que se paralice a realización de mamografías no Hospital Comarcal de Monforte por deficiencias que presenta o mamógrafo. Explica a situación o delegado do citado sindicato Vicente Vázquez. IGV pide que se expoña nos concellos a documentación que recolle a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e lamentan que non se teña presentado á veciñanza o citado expediente. Falamos delo con Paula Vázquez Verao voceira de Agroma Sober e leva hoxe mesmo este asunto ao pleno convocado no seu concello. E Cereixa prepárase para celebrar este sábado o San Brais, una festa de fonda tradición na zona e que na citada parroquia incluía rituais como o folión de véspera ou a noite dos cepos dos que nos fala o arqueólogo Xurxo Ayán. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, como cada xoves abrimos tamén gabinete xurídico e Javier Leiro fálanos do coeficiente de parcialidade que poden reclamar pensionistas que teñan na vida laboral contratos de media xornada.