Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE

Programa completo do 17/11/2021

Manola Porto

| 17.11.2021 14:25

Presentado o alumeado de Nadal de Monforte. Custará 50 mil euros e entre outros elementos serán instalados 232 arcos. O prendido será o día 3 de decembro. É unha das novas que contamos no programa de hoxe que abrimos co espazo "Facendo Empresa" que adicamos a "Oido Monforte". Falamos coa súa responsable, Diana Rodríguez. Pola cuarta edición vai xa o libro "Judeos y conversos de Monforte de Lemos". Falamos co autor Felipe Aira e conversamos tamén coa editora Ada Agrasar. Dez anos publicando libros relacionados coa zona, ben pola temática ou polos autores, e camiño da vintena de libros publicados. E o colectivo Por un Interior Galego Vivo bota en falta nos orzamentos da Xunta do próximo ano unha aposta máis decidida polo rural. Cóntanolo a voceira de Agroma Sober, Paula Vázquez Verao.