Con Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS 21/03/2024

Programa completo do 21/03/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Boas expectativas de ocupación para Semana Santa na Ribeira Sacra que a día de hoxe está nun 82% , un 6% máis que en 2023. Repasamos datos conversando coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara. Dende o PP seguen reclamando do Concello e da Deputación de Lugo que facilite a permanencia da sede do CRAEGA en Monforte, entre outros asuntos, falamos desto coa deputada Raquel Arias. Este domingo remata o Estase Cocendo, última fin de semana das Xornadas do Cocido, falamos con Simón Otero responsable da Abadía San Simón, un dos restaurantes participantes da iniciativa. E este xoves celébrase o Día da Poesía, na Libraría Pelayo teñen preparado encontro con tres escritores, falamos con Rocío Rodríguez, responsable do establecemento e organizadora do evento. Repasamos asamblea celebrada no Círculo Cultural Recreativo do Saviñao, co presidente do mesmo, Enrique Sampil, e como cada xoves toca gabinete xurídico con AV10, Javier Leiro repasa sentenza do Tribunal Supremo relacionada co complemento de maternidade para homes.