Monforte na Onda 13/06/2016

Monforte na Onda 13/06/2016

Hoxe día de San Antonio, estamos de festa local en Monforte pero aproveitou o alcalde para facer balance do ano que leva á fronte do goberno local xa que xusto hoxe cúmprese un ano da constitución das Corporacións Municipais. Escoitaremos no programa de hoxe que dixo o rexedor monfortino na rolda de prensa convocada esta mañá pero ademais entrevistamos ao neto do galeguista Manuel Banet Fontenla homenaxeado o venres polo concello e a Irmandade Xurídica Galega. Tamén falaremos do ARI do Concello de Sober con un dos arquitectos que está dirixindo as obras que con cargo ao mesmo se están levando a cabo no citado concello e con Miriam Pérez da Galería Vilaseco, coñeceremos algo máis dun proxecto multidisciplinar que poñen en marcha na Ribeira Sacra.

ondacero.es

| 13.06.2016 15:58