O Concello de Sober recupera hoxe a normalidade despois da moita animación vivida durante a fin de semana coa Feira do Viño de Amandi. Coa presentación esta tarde do libro "Galicia entre copas" rematan as actividades complementarias. Deste libro falamos hoxe co autor Mariano Fisac. Entrevistamos a María Abuín, de Máis que Romanico, que hoxe poñen en marcha visitas guiadas por Monforte. Falamos coa presidenta do CCU, María José Senrra, do éxito que está tendo a Pista de Xeo que contrataron para esta Semana Santa e entre outras cousas, descubrimos novos materiais que os gandeiros utilizan como cama para os animais: areas de sílice. A innovación ao servizo do benestar animal.
Monforte na Onda 21/03/2016