Mulleres Empresarias Lugo e Concello de Monforte de Lemos organizan a 1ª Feira da Muller Emprendedora a celebrar os días 26,27 e 28 no Espazo Expositivo da Praza de Abastos. Falamos desta actividade no programa de hoxe con María José Darriba. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García ,que presenta unha moción para que neste concello se identifique e promocione o Patrimonio Natural e Rural. Manuel Carballedo da Asociación Afamón, fala dos talleres de estimulación cognitiva polos que veñen de recibir un premio de 10.000 €. E Beatriz Soto, directora técnica do CRDORS explica como preparan a cata de calificación que farán este venres no Concello de Ribas de Sil. O xefe territorial de Medio Rural, Ramón Losada, adianta contido da charla que preparan para este venres en Monforte sobre Regulación Vitícola.
Monforte na Onda 25/02/2016