No centro de saúde de Monforte avalíanse os danos ocasionados por unha subida de tensión eléctrica que queimou o cableado, equipos informátios e outros aparatos deixando con moi baixa operatividade aos profesinais deste centro. Buscamos a última hora sobre este suceso conversando co doutor Bugarín coordinador do Centro. Remantan as Xornadas do Románico de Pantón. Facemos balance da actividade feita e do que queda pendente, coa historiadora Flora Enríquez. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, falamos da Feira Outrora. Conversamos tamén con Isac González, que deixa de ser director do IES Daviña Rey e entre outros asuntos que repasamos da atualidade máis próxima, falamos tamén con Manuel Luis Vázquez, un dos homenaxeados na Gala do Deporte de Monforte, da que repasamos outros premiados.