En relación ao debate no seo do Consello de Europa, que tamén terá lugar nas próximas horas, sobre o uso oficial destas linguas, recoñece a súa importancia desde un punto de vista «simbólico» xa que «onde queremos que se normalice a lingua galega é na Galiza, recuperar espazos e falantes», explica.
Investidura no Congreso
Néstor Rego reitera que o BNG non apoiará unha investidura de Alberto Núñez Feijóo. E mantén que «hai disposición» para acordar co PSOE a investidura de Pedro Sánchez, «sen liñas vermellas», pero atendendo a «cuestións básicas» para Galicia.