Luisa Villalta naceu na Coruña en 1957. E faleceu prematuramente, víctima dunha meninxite, con só 46 anos nesta mesma cidade. Unha vida curta pero moi prolífica.
Estudiou Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa. Parte da súa vida adicouna á docencia; deixou unha fonda pegada, por exemplo, no instituto de Sada. Como autora o seu legado inclúe: narrativa, ensaio, teatro, textos xornalísticos e, por suposto, poesía. Hai nada esa obra poética foi recompilada no volume Pensar é escuro.
En toda a súa obra deixou claro o seu compromiso social e político. A música tamén percorre as súas creacións. De feito era violinista. Este intrumento foi unha das súas grandes paixóns.