Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda da Xunta

«Semella que na Comisión Europea nos escoitaron»

A vicepresidenta segunda e titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, confirmou en Onda Cero Galicia que se vanpresentar ao prazo de consultas aberto pola UE para estudiar a flexibilización da protección do lobo.

Redacción

Galicia | 06.09.2023 15:46

Galicia en la Onda de Onda Cero

Lembraba Vázquez que hai uns meses, acompañada polo titular de Medio Ambiente de Castela e León, estivo en Bruxelas para presentar ás autoridades comunitarias os datos en canto a poboación de lobo e ataques ao gando.

Xabarín

En relación á profileración de xabaríns, as últimas imáxenes amósanos no casco urbán da Coruña, volve a pedir a vicepresidenta a colaboración dos concellos. «É un problema de todos», afirma na entrevista en Galicia en la Onda. Sinala que nas cidades non se poden facer batidas con cazadores e insta a que os concellos urbáns a que se adhiran ao convenio para a instalación de xaulas. Ademais, reitera que se traballa no decreto polo que se ampliarán as zonas de emerxencia cinexética.