Sucesos

4 investigados pola Garda Civil de Ourense por roubos con forza e outros delictos

Acusados, entroutros delictos, de usurpación de estado civil

Paco Sarria

Ourense |

4 investigados pola Garda Civil de Ourense por roubos con forza e outros delictos
4 investigados pola Garda Civil de Ourense por roubos con forza e outros delictos | onda cero ourense

O Equipo Roca da Garda Civil de Celanova tomou declaración en calidade de investigados a 4 veciños de Celanova como presuntos autores dos delictos de roubo con forza de uso de vehículo, estafa, furto de xoias e de tarxeta bancaria e usurpación de estado civil.

Os detidos teñen 57, 40, 38 e 29 anos respectivamente.

Os feitos remóntanse ó 30 de novembro cando a Garda Civil ten coñecemento de que un veciño de Ramirás foi víctima de varios ilícitos penais polo que comeza unha investigación que descubre que en maio pasado un cidadán de orixe alemán trasladouse a vivir alí en compañía dunha amiga coa que chega a ter desavenencias que o levan a abandonar a vivenda auxiliado por varios veciños. Xa o 12 de novembro sofre unha caída polo que é trasladado ó CHUO onde permañeceu ingresado. O feito é aproveitado polos investigados que o visitan contra a sua vontade apoderándose de dúas tarxetas de creto. Tamén descubren que un día antes do alta hospitalaria, o vehículo da víctima é cambiado de titularidade sen coñecemento nin consentimento do propietario, facéndose todo elo de xeito documentalmente fraudulento.

Ademáis foi localizado un anel roubado en Bilbao despois de que este fose empeñado nun local de empeños de Ourense.

Instrúe as dilixencias o Xulgado de Instrucción número 1 de Celanova.