Municipal

4,2 millóns de euros do Ministerio de Transición Ecolóxica para mellorar o ciclo urbán do auga en Ourense

Permitirán a realización de 36 actuacións na cidade

Paco Sarria

Ourense | 20.08.2024 12:11

O Concello de Ourense pechará o 2023 cun remanente de 123 millóns de euros
O Concello de Ourense pechará o 2023 cun remanente de 123 millóns de euros | Onda Cero Ourense

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ven de conceder ó Concello de Ourense unha subvención de 4,2 millóns de euros para 36 actuacións que terán un custe total de 5,4 millóns de euros para mellora do ciclo urbán do auga.

O Ministerio fixo pública hoxe a resolución provisional da convocatoria que beneficia a 50 concellos (había 248 solicitudes) en toda España que realizarán a dixitalización do ciclo do auga que é parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que financia á súa vez a Unión Europea.

Con estos cartos o Concello prevee deseñar e implantar dous modelos hidráulicos. Un na rede de distribución e outro na rede de saneamento, actualizándose asemade o Sistema de Información Xeográfica. Ademáis, e entroutras actuacións, optimizarase a eficiencia enerxética da Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza, mediante unha pranta de enerxía solar fotovoltaica, o que implicará un aforro enerxético dun 6,7%.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora