Sucesos

8 detidos nunha operación anti droga en Verin

Foron incautadas modestas cantidades de estupefacientes

Paco Sarria

Ourense |

8 detidos nunha operación anti droga en Verin
8 detidos nunha operación anti droga en Verin | onda cero ourense

Oito detidos en Verin no marco da operación “Falopa” desenvolvida pola garda civil e o Servizo de Vixianza Aduaneira contra un grupo organizado, perto da fronteira con Portugal.

Todolos detidos teñen antecedentes penais.

Foron realizados rexistros en varios inmobles e puntos de venta de estupefacientes e como consecuencia delo foron incautados 350 gramos de marihuana, 23 de cocaína e e 5 de heroína, así como 16 gramos de hatchís, 9 gramos de MDA, 52 comprimidos de éxtasis e opiáceos e 250 gramos de corte.

Tamén foron intervidas armas curtas simuladas, útiles para a manipulación das drogas, básculas de precisión, teléfonos móviles e 6 mil euros en efectivos, ademáis de diversa documentación relacionada coa organización desmantelada.

A maior parte do operativo centrouse nun inmoble da Avenida de Portugal ubicado perto dun colexio e de dous institutos e a droga era distribuída en locais de alterne da zona.

Os detidos pasarán a disposición do xulgado Mixto número 1 de Verin do que é titular a xuiz María Iglesias Bueno este venres.