Máis de 800 escolares ourensáns aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións no fogar da man da caravana Planeta ODS.
As actividades están promovidas pola Fundación Mapfre, terán carácter gratuíto e desenvolveranse ata o 10 de maio no Parque Barbaña en colaboración co Concello de Ourense.
A proposta incide en dinámicas educativas interactivas ó través das que coñecerán medidas para evitar sinistros no fogar e a realizar desprazamentos seguros.
Os escolares participantes e o seu profesorado, percorrerán tres espazos diferentes nos que desenvolverán esas experiencias didácticas. Serán "O enigma da galería virtual", unha "Escape Room" e "A aventura da prevención no Fogar Virtual".