Juzgados

Abren xuizo oral ao Carballiñés acusado de asfixiar á sua muller

O xulgado do Carballiño concluíu a instrucción do caso do veciño desta localidade que matou a sua esposa por asfixia en Xaneiro de 2017 e que será xulgado por homicidio.

ondacero.es

Ourense |

pazo de xustiza de Carballiño | onda cero

A instructora do caso sostén que das dilixencias practicadas derivase a existencia de indicios racionais de criminalidade. Dentro dos feitos a dirimir está se o acusado tiña unha demencia que afectaba gravemente ao seu grado de comprensión e que non só lle levou a cometelo crime senón tamén a tentar quitarse a vida en varias ocasións.

Según informou o TSXG o xulgado de primeira instancia e instrucción numero 2 ordenou a apertura de xuizo oral contra o acusado e o caso será xulgado na Audiencia de Ourense con xurado popular.

De momento o home permanece en cadea preventiva que a instructora do caso pide que se manteña sen fianza