Sucesos

Absoltos os donos das cadelas de Muíños que atacaron a unha veciña

A Xuiz considera que os propietarios non fixeron deixazón do coidado

Paco Sarria

Ourense |

Absoltos os donos das cadelas de Muíños que atacaron a unha veciña
Absoltos os donos das cadelas de Muíños que atacaron a unha veciña | onda cero ourense

Os donos das cadelas que en marzo do 2023 atacaron a unha veciña de Barxés (Muíños) á que feriron gravemente, foron absoltos.

A xuiz do Penal número 1, Victoria Candamo estimou que os donos non cometeron imprudencia algunha xa que non se pode asociar as lesións sofridas por Feliciana Romero con que fose cometido delicto algún xa que os animais (algún deles de raza potencialmente perigosa) actuaron así casualmente ó escapar de casa, e non por que os propietarios fixeran deixación no seu coidado.

Asemade foi valorado positivamente que os cans estiveran asegurados.