A iniciativa irá acompañada de medidas sancionadoras pero tamén educativas. Para o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez a prioridade será evitar o consumo de alcol nos menores. O rexedor sinalou que era unha gran demanda social que requería ser atendida e ca que o goberno popular quere comprometerse "sen ambigüidade"."
O anteproxecto de ordenanza contempla sancións que van dende os 600 euros ate os 10.000 tanto a quenes consuman coma a quenes vendan alcol a menores ou ou os inciten mediante accions publicitarias.
Será a policía local a que teña a obriga de controlar o consumo, venta ou publicidade de alcohol a menores, anque o alcalde insiste en que se trata dunha batalla que hai que gañar polo terreo da concienciación cívica a partires dun traballo colectivo e transversal das distintas áreas municipais.
O anteproxecto da nova ordenanza de convivencia cívica e prevención da saúde reúne boa parte das normativas existentes na actualidade. Ca aporbación en xunta de goberno inícise unha primeira fase de exposición para posibles alegacións e discusión política .