Municipal

PP acepta reunirse cos socialistas para negociar unha moción de censura

Pese a non gustarlle recibir a convocatoria vía correo electrónico

Paco Sarria

Ourense |

PP acepta reunirse cos socialistas para negociar unha moción de censura
PP acepta reunirse cos socialistas para negociar unha moción de censura | La Región

O BNG ainda non se pronunciou formalmente pero o PP, ó través dun comunicado, si sinalou que non lles parece o procedemento da comunicación o máis axeitado (un correo electrónico), pero que si acudirán á cita, sen liñas vermellas, e apostillando que ninguén debería ter problemas para falar con eles (en clara referencia ós nacionalistas.

Engaden que os 14 puntos son propostas xerais sobre as que xa manifestaron o seu acordo en varias ocasión, pero que debe estar aberta a porta do debate sen que a dos socialistas sexa unha proposta unilateral pechada.